Congreso >> Información do Congreso

Congreso

Imagen cabecera
O Congreso organízase en varias sesións, que comprenden campos de temática diversa, o que permitirá a participación dos diferentes sectores implicados no mundo da camelia, como son os sectores turístico, ornamental, viveirístico, paisaxista e da investigación; para intentar abranguer a totalidade dos aspectos relacionados coa camelia. Neste sentido, convídase a participar os sectores turístico, da xardinería, floricultura, propagación e produción de planta, flor cortada, protección integrada, cultivo, fertilización e rego, protección vexetal, así como aqueles sectores relacionados coa cosmética ou a alimentación.

Luns 10   PONTEVEDRA

  • 20:00 h Check-in nos hoteis en Pontevedra (participantes do precongreso)
    Todo o día: Chegada (aeroportos: Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e O Porto). Noite libre

Martes 11 marzo   CONGRESO

  • Todo o día: Chegada ós aeroportos. Traslado ó hotel en Pontevedra
  • 11:00 - 18:00 h Inscrición dos participantes na sede do congreso
  • 15:00 h Saída cara ó Pazo de Lourizán
  • 15:30 - 17:30 h Visita ós xardíns do Pazo de Lourizán
  • 17:30 h Regreso a Pontevedra
  • 19:00 h Cerimonia de recepción por parte do comité organizador e festa de benvida
  • 21:00 h Regreso ós hoteis. Cea (incluída)

Mércores 12 marzo   CONGRESO

  • 8:00 h Saída cara á sede do congreso
  • 8:30 h Benvida da presidenta da ICS
  • 9:00 h Conferencia inaugural de Jesús Izco
  • 10:00 h Pausa-café
  • 10:30 h Sesión A: Historia e camelias antigas
  • 12:45 h Saída cara a Vilagarcía de Arousa
  • 13:30 h Comida no Pazo de Rubiáns (incluída)
  • 15:00 h Visita ó Pazo de Rubiáns
  • 18:00 h Regreso a Pontevedra
  • 18:00 -19:30 h Reunión do grupo de traballo da ICS de Camelias Históricas (sede do congreso). Noite libre

Xoves 13 marzo   CONGRESO

  • 8:00 h Saída cara á sede do congreso
  • 8:30 h Sesión B: Xardíns e turismo
  • 10:00 h Pausa-café
  • 10:30 h Sesión C: Técnicas de identificación e caracterización
  • 13:00 h Comida (incluída)
  • 15:00 h Saída cara ó Castelo de Soutomaior
  • 15:30 h Visita ó Castelo de Soutomaior, Xardín Internacional de Excelencia de Camelias
  • 18:00 h Regreso ós hoteis
  • 17:00 - 19:00 h Reunión de directores da ICS (sede do congreso)
    Noite libre

Venres 14 marzo   CONGRESO

  • 8:00 h Saída cara á sede do congreso
  • 8:30 h Sesión D: Pragas e enfermidades
  • 10:00 h Pausa-café
  • 10:30 h Sesión E: Usos e produtos da camelia
  • 12:00 h Presentación do Congreso Internacional da Camelia, ano 2016
  • 13:00 h Comida (incluída)
  • 15:00 h Saída cara á visita (opción A ou B)
  • 15:30 h Opción A. Visita á Estación Fitopatolóxica de Areeiro (centro de investigación da camelia)
    Opción B. Visita ó Pazo de Gandarón. Misión Biolóxica de Galicia, CSIC
  • 18:00 h Saída cara ós hoteis
  • 20:00 h Saída cara ó Castelo de Soutomaior
  • 20:30 h Chegada ó Castelo de Soutomaior
  • 21:00 h Banquete de clausura e cerimonia de entrega de credenciais (incluído)
  • 23:00 h Regreso ós hoteis

Sábado 15 marzo   VIGO

  • 8:30 h Saída cara a Tomiño
  • 9:30 h Visita a viveiros Río Tollo en Tomiño
  • 11:00 h Saída cara ó Pazo de Castrelos
  • 12:00 h Visita ó Pazo de Castrelos (Quiñones de León)
  • 14:30 h Comida en Vigo (incluída)
  • 16:30 h Visita ó Museo do Mar de Galicia. Exposición de fotografía de Cristina Varela
  • 17:30 h Inauguración do 50º Concurso Exposición Internacional da Camelia en Vigo
  • 20:00 h Regreso ós hoteis
  • 21:00 h Cea (incluída)
    Todo o día: Saída cara ós aeroportos de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e O Porto