Congreso >> Información do Poscongreso

Postcongreso

Imagen cabecera
Nas visitas do Postcongreso o noso principal obxectivo é dar a coñecer esta paraxe sen igual, dende unha ampla visión, e mostrar a todos os asistentes os nosos xardíns e as especies máis representativas neles. En Galicia non se entende a xardinería sen ter en conta os xardíns dos pazos, e estes non existirían sen as camelias, especie que, sen dúbida algunha, é a súa protagonista, xa sexan privados ou públicos. É un feito que, cando percorremos Pontevedra en particular, e Galicia en xeral, ó mesmo tempo que descubrimos os magníficos exemplares da camelia, tamén gozamos dos nosos emblemáticos monumentos ata o punto de que as camelias marcan un itinerario daquelas zonas que é imprescindible visitar para coñecer esta rexión.

Domingo 16 marzo TUI, A GUARDA e BAIONA

  • Todo o día: Saída cara ós aeroportos de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e O Porto
  • 9:00 h Saída cara a Tui
  • 10:30 h Visita guiada en Tui, catedral e conxunto histórico
  • 11:30 h Saída cara á Guarda
  • 13:00 h Comida na Guarda (incluída)
  • 15:00 h Saída cara a Baiona
  • 15:45 h Visita a Baiona, conxunto histórico
  • 17:00 h Saída cara a Vigo
  • 18:00 h Concerto de piano de Mine Kawakami. Centro Cultural Novacaixagalicia en Vigo
  • 20:00 h Saída cara a Pontevedra.
    Chegada ós hoteis en Pontevedra. Cea (incluída)

Luns 17 marzo PONTEVEDRA, A TOXA, O GROVE e SANXENXO

  • 9:30 h Recepción no Palacete das Mendoza en Pontevedra. Exposición de pintura de Alex Vázquez
  • 10:30 h Saída cara ó Grove
  • 11:30 h Paseo en barco pola ría con degustación de peixe e marisco a bordo
  • 13:30 h Comida no Grove (incluída)
  • 15:00 h Visita á Toxa, ó Grove e á Lanzada
  • 17:30 h Saída cara ó hotel en Sanxenxo
  • 18:00 h Hotel en Sanxenxo, tratamentos termais. Noite libre

Martes 18 marzo O SALNÉS

  • 9:00 h Saída cara a Ribadumia
  • 9:30 h Visita ó Pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia
  • 11:30 h Saída
  • 12:00 h Visita ás adegas de Agro Bazán, Pazo Baión ou outras
  • 13:00 h Comida nunha adega (incluída)
  • 14:30 h Saída cara a Meis
  • 15:00 h Visita á Saleta en Meis
  • 17:00 h Saída cara a Cambados
  • 17:45 h Visita a Cambados
  • 19:00 h Saída cara ó hotel en Sanxenxo
  • 19:30 h Hotel en Sanxenxo, tratamentos termais. Cea (incluída)

Mércores 19 marzo A ESTRADA, VEDRA e SANTIAGO DE COMPOSTELA

  • 9:30 h Saída cara á Estrada
  • 10:30 h Visita ó Pazo de Oca na Estrada
  • 12:30 h Saída cara ó Pazo de Vista Alegre en Vedra
  • 13:00 h Comida no Pazo de Vista Alegre (incluída)
  • 15:00 h Saída cara ó Pazo de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra
  • 15:30 h Visita ó Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
  • 17:30 h Saída cara a Santiago de Compostela
  • 18:00 h Hotel en Santiago de Compostela. Noite libre

Xoves 20 marzo SANTIAGO DE COMPOSTELA e ARZÚA

  • 9:00 h Saída cara ó Pazo de San Lorenzo en Santiago de Compostela
  • 9:30 h Visita ó Pazo de San Lorenzo
  • 11:00 h Saída cara a Arzúa
  • 11:45 h Visita a viveiros Denoy en Arzúa
  • 13:30 h Comida (incluída)
  • 15:00 h Saída cara a Santiago de Compostela
  • 16:00 h Visita a Santiago de Compostela. Conxunto histórico e xardíns da Alameda
  • 18:00 h Recepción no Salón Vermello do Concello de Santiago de Compostela. Noite libre

Venres 21 marzo BERGONDO, FENE, NARÓN e A Coruña

  • 8:00 h Saída cara a Bergondo
  • 9:00 h Visita ó Pazo de Mariñán en Bergondo
  • 11:00 h Saída cara a Fene
  • 11:30 h Visita ó xardín de camelias de Eusebio López en Fene
  • 13:00 h Saída cara a Narón
  • 13:15 h Visita á Mostra da Camelia en Narón
  • 14:30 h Comida (incluída)
  • 16:30 h Saída cara á Coruña. Visita guiada pola Coruña
  • 18:30 h Recepción de despedida no Concello da Coruña
  • 19:30 h Saída cara a Santiago de Compostela
  • 20:30 h Hotel en Santiago de Compostela

Sábado 22 marzo PARTIDA

  • Todo o día: Saída cara ós aeroportos de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e O Porto