Congreso >> Información do Precongreso

Precongreso

Imagen cabecera
Os organizadores do Precongreso da Sociedade Internacional da Camelia, no ano 2014, queren convidar a aqueles especialistas e entusiastas da camelia a descubrir algúns dos xardíns máis notables do norte de Portugal. A profunda paixón polas camelias é un dos aspectos máis salientables dos xardíns e das quintas desta rexión. Moitos destes xardíns posúen camelias centenarias; algunhas pénsase que foron obtidas a partir de sementes traídas directamente de Xapón en viaxes que se remontan ó século XVI. As condicións favorables do solo e do clima permiten que estas plantas acaden portes impoñentes; tamén é común ver a arte dos topiarios aplicada ás camelias, formando exuberantes esculturas verdes.

A maioría dos 391 cultivares de camelia portugueses orixináronse no século XIX, momento no que se fundaron no Porto varios viveiros de enorme prestixio e a horticultura se converteu nun pasatempo para as familias máis adiñeiradas. Nos xardíns das quintas e parques históricos pódense contemplar destacadas coleccións pertencentes a este período. Con base no Porto, a vibrante capital rexional, situada na desembocadura do río Douro, estas visitas constitúen unha oportunidade única de gozar do patrimonio cultural desta rexión, berce de Portugal, coas súas paisaxes e arquitectura, viños e gastronomía, e o encanto dos centros históricos do Porto e Guimarães, clasificados como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Xoves 6 marzo O PORTO

  • Todo o día: Chegada ó aeroporto Francisco Sá Carneiro no Porto.
    Traslado cara ó hotel Tiara Park Atlantic Porto. Check-in
  • 16:15 h Saída cara ó parque de Serralves
  • 16:30 h Visita ó parque de Serralves
  • 19:30 h Cea de benvida (incluída) no hotel Tiara Park Atlantic Porto

Venres 7 marzo O PORTO e VILA NOVA DE GAIA

  • 8:30 h Saída cara ó Xardín Botánico do Porto
  • 8:45 h Visita ó Xardín Botánico do Porto
  • 10:30 h Saída cara a Vila Nova de Gaia
  • 10:45 h Visita ós xardíns da Casa de Campo Bello
  • 12:30 h Comida (incluída)
  • 14:15 h Saída cara a Avintes
  • 14:30 h Visita á Quinta de Santo Inácio de Fiães
  • 18:00 h Regreso ó hotel. Noite libre

Sábado 8 marzo O PORTO

  • 9:30 h Saída cara a Campanhã
  • 9:45 h Visita á Quinta de Villar d'Allen
  • 12:00 h Comida (incluída)
  • 14:00 h Saída cara ó Concello do Porto
  • 14:30 h Visita á XIX Exposición de Camelias do Porto
  • 15:30 h Exposición Camelias na Arte no Museu Nacional Soares dos Reis
  • 17:00 h Visita ós xardíns do Palácio de Cristal, Quinta da Macieirinha e Casa Tait
  • 18:00 h Regreso ó hotel. Noite libre

Domingo 9 marzo SANTO TIRSO, CELORICO DE BASTO e PENAFIEL

  • 8:15 h Saída cara a Santo Tirso
  • 8:45 h Visita á Casa do Casal
  • 11:00 h Saída cara a Celorico de Basto
  • 12:00 h Visita á Casa do Campo
  • 13:00 h Comida (incluída) en Celorico de Basto
  • 14:30 h Saída cara a Penafiel
  • 15:15 h Visita á Quinta da Aveleda
  • 16:45 h Regreso ó hotel
  • 19:15 h Saída para a cea
  • 19:30 h Cea de despedida no Palácio da Bolsa do Porto (incluída)
  • 22:30 h Regreso ó hotel

Luns 10 marzo GUIMARÃES e MONÇÃO

  • Check-out
  • 8:30 h Saída cara a Guimarães
  • 10:00 h Visita ós viveiros de Camélias Flavius
  • 11:30 h Saída cara ó conxunto histórico de Guimarães
  • 11:40 h Visita ós xardíns do Palácio de Vila Flor
  • 12:30 h Comida (incluída) en Guimarães
  • 14:30 h Saída cara a Monção
  • 15:30 h Visita ó Palácio da Brejoeira
  • 18:30 h Saída cara ós hoteis do congreso en Pontevedra (Galicia, España)