Congreso >> Sesións científicas

Sesións científicas

Este Congreso pretende facilitar a transferencia e o intercambio de resultados das investigacións e os traballos realizados sobre a camelia e os seus produtos entre todos os países do mundo para un mellor aproveitamento e uso dos seus recursos naturais.
O Congreso organízase en varias sesións que comprenden campos de teméticas diversas, o que permitirá a participación dos diferentes sectores implicados no mundo da camelia, coma o turístico, ornamental, viveirístico, paisaxista e investigador, tentando abarcara totalidade dos aspectos relacionados coa camelia.
  • Comité científico

    Presidenta

    • Dra. Carmen Salinero

      Presidenta da Sociedade Española da Camelia e directora para España da Sociedade Internacional da Camelia (España)

      Andrea Corneo

    Secretaria

    • Dra. Mª Jesús Sainz 

      Profesora titular no Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela (España)

      Andrea Corneo
     

    Membros

    • D. Andrea Corneo 

      Sociedade Italiana da Camelia (Italia)

      Andrea Corneo
    • D. Marc de Coninck 
      Sociedade Internacional da Camelia (Bélxica)
      Marc de Coninck
    • DaAna Barbazán 
      Museo de Pontevedra
      Deputación de Pontevedra (España)
      Ana Barbazán
    • DaRuth González 
      Turismo Rías Baixas
      Deputación de Pontevedra (España)
      Ruth González
    • Dr. Chuji Hiruki 
      Sociedade da Camellia de Goto (Xapón)
      Chuji Hiruki
    • Dr. Jesús Izco 

      Universidade de Santiago de Compostela (España)

      Jesús Izco
    • Dr. Gao Jiyin 

      Instituto de Investigación de Bosques Subtropicais (China)

      Gao Jiyin
    • Dr. Pedro Mansilla 

      Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Deputación de Pontevedra (España)

      Pedro Mansilla
    • Dr. Antonio Ron 
      Consello Superior de Investigacións Científicas (España)
      Antonio Ron
    • D. Herb Short 
      Sociedade Internacional da Camellia (Reino Unido)
      Herbert Short
    • Dra. Pilar Vela
      Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Deputación de Pontevedra (España)
      Pilar Vela

  • Instrucións do programa científico

    Cabecera secretaria contacto

    Datas límite para a presentación de comunicacións

    • Resumo: 15 de novembro de 2013
    • Aceptación do resumo: 30 de novembro de 2013
    • Envío do traballo completo: 20 de decembro de 2013
    • Aceptación do traballo completo e inscrición no Congreso: 10 de xaneiro de 2014
    • Envío do póster: 15 de febreiro de 2014


    Instrucións para a elaboración do resumo

    Antes de enviar o traballo completo os autores achegarán un resumo en formato .doc ou ben .docx tanto para a presentación oral coma para o póster no seguinte formulario, indicando a sesión na que desexa incluír o traballo (Historia da Camelia e Biodiversidade; Propagación, Sector Viveirístico e Cultivo; Bioloxía Molecular; Conservación e Hibridación; Patoloxía Vexetal; e Usos e Turismo).

    A data límite para o envío de resumos é o 15 de novembro de 2013

    Formato dos resumos

    • Tipo e tamaño da letra: calibri (ou arial). O título en tamaño 14 e o resto do texto en 12
    • Interliñado: simple
    • Número de palabras: de 150 a 250
    • Marxes: predeterminadas
    • Idioma: inglés

    Modelo de resumo en formato .pdf

    Exemplo de resumo en formato .doc



    Instrucións para o envío dos traballos completos

    A data límite para o envío dos traballos completos é o 20 de decembro de 2013. Enviarase no seguinte formulario no formato de Microsoft Word.

    Cabecera secretaria contacto

    Instrucións xerais

    • Tamaño da folla para a preparación do traballo: A4 ou formato carta
    • Número de páxinas: máximo de 10, incluídas táboas e figuras
    • Marxe: predeterminada
    • Liñas: interliñado simple cunha sangría predeterminada na primeira liña. A parte que inclúe as táboas e figuras limitarase a 5 páxinas, aproximadamente a metade do número total
    • Idioma: inglés
    • Fontes: calibri (ou arial)

    Exemplo de traballo completo en formato .pdf

    Exemplo de traballo completo en formato .docx



    Información adicional, de interese para os autores

    Nomes de plantas

    Incluiranse os nomes científicos de todas as especies vexetais en cursiva, agás os das abreviaturas "var. ", "subsp. ", "f. ", etc., que indican o rango a nivel intraespecífico (e.g., Camellia japonica subsp. rusticana, Camellia nitidissima var. microcarpa).

    O nome que designa o cultivar introdúcese entre comiñas (e.g., Camellia reticulata ‘Damanao' x Camellia japonica ‘Mrs. D.W. Davis'). No caso dos híbridos o signo de multiplicación colócase antes do epíteto do nome do xénero ou da especie. Tanto o signo de multiplicación coma a letra "x" aparecerán en letra normal (non en cursiva).


    Autor e afiliación

    A liña seguinte ó título inclúe o nome do ou dos autores. Nela figurará o nome do autor ou unicamente as súas iniciais. A afiliación ou enderezo postal do autor (departamento ou laboratorio da universidade ou centro de investigación) aparecerá debaixo do nome. Ademais, deberá figurar o correo electrónico do autor principal.


    Palabras chave

    Equivale a un subapartado seguido de dous puntos (palabras chave: control biolóxico, fungos). Poderase incluír un máximo de cinco termos non utilizados no título.


    Agradecementos

    Neste espazo inclúense as fontes de financiamento dos traballos, o nome do proxecto ou a asistencia técnica de compañeiros ou asociados profesionais.


    Citas e literatura citada

    As citas no texto deben figurar entre paréntese co apelido do ou dos autores e o ano de publicación (Peters, 1950; Jones and Smith, 1990). Se é un traballo realizado por dous autores, incluír os apelidos de ambos os dous (Black and Brown, 1974). Teña en conta que "et al." utilízase cando hai tres ou máis autores (Brown et al., 1999).


    As comunicacións persoais, co apelido ou iniciais da persoa e a data, incluiranse unicamente no texto, nunca no apartado de "Referencias". A data é opcional. Exemplo: (Gr. Orel, pers. commun., 1998).


    Todas as citas incluídas no texto deben figurar no apartado de "Referencias" e así mesmo, todas as referencias incluídas no devandito listado deben citarse no texto. En "Referencias" incluirase unha relación dos autores por orde alfabética e cando existan varias publicacións dun mesmo autor, estas deberán aparecer por orde cronolóxica. Utilice o seguinte formato:


    • Artigo en revista:
      • Scott, M.A. 1977. Methods of improving flower bud initiation in camellias. Expt. Hort. 29:80-93
      • San-José, M.C. and Vieitez, A.M.. 1990. In vitro regeneration of Camellia reticulata cv. "Captain Rawes" from adult material. Scientia Hort. 43:155-162
      • Savige, T. J. 1994. The International Camellia Register. International Camellia Society, Wirlinga, Australia
    • Capítulo de libro:
      • Daubeny, H.A. 1996. Brambles. pp.109-190. In: J. Janick and J.N. Moore (eds.), Fruit Breeding, Vol. 3, Nuts. Wiley, New York
    • Artigo en libro de actas:
      • Wang, Z., Lifang, X., Baojung, F., Shiuchi, T. and Chunmei, X. 2012. Chuxiong Camellia, its discovery, history and present development. Proc. International Camellia Congress. Chuxiong, China 5-9 Feb. pp. 1-10
    Cabecera secretaria contacto

    Táboas

    As táboas numéranse correlativamente con números arábigos (Táboa 1, Táboa 2, etc.) e deberán estar referenciadas no texto. Os títulos das táboas deberán figurar con letra de tamaño 10, inmediatamente na parte superior da fotografía.

    Figuras

    As figuras numéranse correlativamente con números arábigos (Figura 1, Figura 2 etc.). Todas as figuras, gráficos e debuxos poderán aparecer tanto en branco e negro coma en cor e deberán estar referenciados no texto. Os títulos das figuras deberán aparecer debaixo da fotografía en tamaño 10.

    Instrucións para as comunicacións orais

    • Tempo límite para a comunicación oral: 20 minutos
    • Proporcionar unha biografía breve do autor que presenta o traballo (aproximadamente media páxina)

    Importante: se vai utilizar Power Point, por favor envíe unha copia da súa presentación por correo antes do día da sesión



    Instrucións para a elaboración dos pósters

    • Tipo de letra: non definida
    • Tamaño de escritura: 10 mm (recomendada) ou maior
    • Encabezamento: título, nome autor/es, afiliación/institución e enderezo
    • Tamaño: 1 m x 0,80 m (longo x ancho)
    • Formato: Microsoft Power Point

    A data límite para enviar os pósters é o 15 de febreiro de 2014. O póster enviarase no seguinte formulario en Power Point e imprimirase na sede do Congreso, a menos que se indique o contrario.


    Exemplo de póster en formato .ppt

    Modelo de póster en formato .ppt

    Logo do Congreso da ICS en formato .jpg y .png

    Logo da ICS en formato .jpg y .png


    No deseño do póster inclúa o logotipo da súa institución/universidade na parte superior dereita (se a súa institución non posúe logo, por favor utilice o logo da ICS)


    Importante: asegúrese de traer unha copia da súa presentación nun dispositivo USB ou nun CD

  • Datas límite para a presentación das comunicacións

    Cabecera fechas limite
    • Resumo: 15 de novembro de 2013
    • Aceptación do resumo: 30 de novembro de 2013
    • Envío do traballo completo: 20 de decembro de 2013
    • Aceptación do traballo completo e inscrición no Congreso: 10 de xaneiro de 2014
    • Envío do póster: 15 de febreiro de 2014

  • Secretaría científica

    Cabecera secretaria contacto
    • Carmen Salinero Corral Estación Fitopatolóxica de Areeiro Subida á Carballeira s/n l 36153 Pontevedra. España Tel.: + 34 986 80 4100
      Carmen Salinero Corral
    Tamén pode localizarnos mediante as coordenadas xeográficas:
    N 42° 24' 22.89'' / W 8° 40' 24.64''
    N 42,406358 / W -8,673511
    29T/ 4694946,900 / 526866,344
    logo google earth
    logo tomtom