accesibilidade web

Accesiblidade

O portal Congreso Internacional da Camellia de Pontevedra 2014 desenvolveuse para que sexa accesible, co obxectivo de lles garantir o acceso ós servizos e á información existente, sen ningunha limitación nin restricións derivadas dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados ás persoas con minusvalías ou con limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Deputación de Pontevedra está aliñada coas directrices do Real decreto 1494/2007, de 12 de novembro, no que se aproba o regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Para garantir o cumprimento desta normativa o portal Congreso Internacional da Camellia de Pontevedra 2014 cumpre as recomendacións indicadas polo grupo de traballo Web Accessibility Initiative (WAI) http://www.w3.org/WAI/, que forma parte del World Wide Web Consortium (W3C) http://www.w3.org.

Máis concretamente, o portal Congreso Internacional da Camellia de Pontevedra 2014 cumpre cos dous primeiros niveis de adecuación (AA) co fin de asegurar un grao suficiente de accesibilidade ó seu contido:

  • As páxinas especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario e sen crear problemas de visualización. Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:
    • Microsoft Internet Explorer: a través do menú "Ver" > "Tamaño de texto".
    • Netscape e Firefox: a través do menú "Ver" > "Tamaño do texto" ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ó tamaño normal.
    • Opera 7 e superior: a través do menú "Ver" > "Escala" ou empregando as teclas +, - e *, segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.
    • Google Chrome 20 e superior: a través de "Ver" > "Zoom" ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ó tamaño normal.
  • As táboas de datos conteñen encabezamentos de fila e de columna. Ademais, elimináronse as táboas cuxa única finalidade é a de facilitar a maquetación. Seguindo as recomendacións de accesibilidade, esta maquetación conseguiuse mediante elementos de bloque e follas de estilo en fervenza (CSS).
  • Todo documento debe poder lerse sen estas follas de estilo ou con aquelas que o usuario poida estar utilizando, en función das súas propias necesidades.
  • As imaxes decorativas son totalmente prescindibles para unha comprensión do contido. No caso contrario proporciónase un texto equivalente para todo elemento non textual (por exemplo, utilizando as etiquetas dos atributos "alt", "longdesc" ou "title").

Identifícanse os cambios de idioma mediante a etiqueta correspondente para facilitarlles a tarefa ós que navegan con lectores de texto.